O incendio nun vagón dun tren que circulaba entre Argamasilla de Calatrava e Puertollano (Cidade Real) obrigou a cortar o tráfico da liña Madrid- Andalucía durante varias horas.
O lume produciuse no último vagón onde non viaxaban pasaxeiros pero obrigou a evacuar os 210 viaxeiros que ían no tren. Os bombeiros de Puertollano extinguiron o lume con rapidez e evitaron que se propagase a outros vagóns. Despois refrixeraron a zona e controlaron as fugas de gasóleo.
A media tarde restableceuse a liña entre Madrid e Andalucía.