Xoán Xosé Esperón Recarei, secretario da asociación O Chedeiro, ante as lápidas dos seus pais e avós, agora en galego, no cemiterio de Cerponzóns, en Pontevedra M.G.
Vecinos e institucións participaron no acto de mudanza de tres lápidas no cemiterio 31 ago 2025 . Actualizado a las 18:59 h.
Cerponzóns foi o lugar escollido para un emotivo acto no que se mesturou unha exaltación da lingua galega, como a propia dos veciños, e tamén unha sinxela homenaxe a todos aqueles que durante toda a súa vida a conservaron e a transmitiron. A cuestión é que cando estes veciños morren, o seu recordo para as xeracións seguintes está escrito en castelán e non no galego que sempre usaron . Esta é unha distorsión cultural e social á que a cerimonia realizada este domingo comeza a por fin neste ent