A maioría de asociacións de xuíces pronunciáronse este martes en contra da opinión vertida por Pedro Sánchez nunha entrevista en TVE, en que acusou algúns maxistrados de "faceren política" en casos como os que afectan a súa familia .

Para estas organizacións trátase dunhas declaracións "graves", "populistas" , que "atacan" o seu traballo. Sergio Oliva Parrilla , portavoz da Asociación Xudicial Francisco de Vitoria apunta que "se alguén cre que un xuíz actúa mal, existen vías legais", pero considera "inaceptables" as críticas "xenéricas" á xudicatura "porque xeran desconfianza social e danan a nosa democracia".

Lonxe de retractarse, a voceira do Goberno insistía este martes na mesma idea , en que "hai unha minoría de xuíces cuxas decisións son moi difíciles de entender". Para

See Full Page