Carlos Alcaraz acadou a clasificación para a final do Aberto dos Estados Unidos. Xogará a súa terceira final dun grande no que vai de ano logo de superar, en só tres sets, a Novak Djokovic.
A lenda serbia pouco puido facer diante do empuxe de Alcaraz e só foi capaz competirlle no segundo set, que se decidiu na morte súbita. 6-4 e 6-2 foron os resultados dos outros parciais a prol de Alcaraz.
Igual que nas dúas finais precedentes, en Roland Garros e Wimbledon, o seu rival será o italiano Jannick Sinner, que precisou 4 sets para derrotar o canadense Alliassime. A final terá ademais un valor engadido. O gañador será o tenista número un da clasificación mundial.