ELENA F. PALACIOS

10 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Verán de 1989. Con dous compañeiros en prácticas, nun xornal galego, entrevistei a Gonzalo Torrente Ballester . Por entón, o escritor tiña setenta e nove anos, e xa escribira obras marabillosas como La saga/fuga de J. B. ou Filomeno a mi pesar. Veraneaba na Ramallosa, preto de Vigo. Dixéronnos que acudía ao faladoiro dunha cafetaría de Baiona, e alí o atopamos: só, cunha cervexa e un prato de olivas, cigarro en man, embutido nunha gabardina gris, mirando distraído o mar tras a fiestra. Achegámonos e pedímoslle entrevistalo. Coa boca entreaberta e ese xesto de rato sorprendido, como en case todas as fotos daquela época, gardou silencio. Os seus ollos diminutos, detrás das lentes de cuncha, escrutábannos con curiosidade.

See Full Page