O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible Óscar Puente avanzou este mércores que o estudo de análise para levar o servizo de proximidade a Galicia prevé, de maneira preliminar, establecer unha zona neurálxica na Coruña e outra en Vigo, que formarán parte das catro zonas principais e a área complementaria con que o Executivo pretende deseñar a mobilidade cotiá no país.

Así o trasladou Puente durante a súa intervención no Congreso nunha interpelación formulada polo deputado do Bloque Nacionalista Galego Néstor Rego sobre o estado dos trens en Galicia, na que o ministro insistiu en que a información trasladada debe tratarse con cautela, posto que o estudo segue en fase de desenvolvemento .

"Sen entrar en profundidade, si que lle direi que se están estudando catro zonas pri

See Full Page