Chegou a primeira vitoria do Dépor ABANCA esta tempada ante o Athletic Club. Un triunfo de moito mérito fronte a un dos clásicos da liga F, pero que é o paso previo a un enfrontamento maior contra o Real Madrid precedente do acontecido o ano pasado cando empataron 2-2
O equipo de Fran Alonso enfróntase este domingo á súa primeira gran proba nun ano no que quere aspirar a máis que unha salvación sufrida. Despois de lograr os tres puntos, o técnico destacou o crecemento das súas xogadoras.
"Se damos a nosa mellor versión, algunha posibilidade temos de sacar algo".
"O equipo logrou ter esa madurez para explotar o espazo ás costas. A lectura do partido por parte do equipo foi boa e sacar os tres puntos contra un rival como o Athletic Club ten moito mérito".
Unha madurez que consegui