Antía Ameixeiras (esquerda) e Sabela Caamaño (dereita), durante a súa actuación no festival de cantos polifónicos celebrado na catedral de Calvi Armand Luciani / Casta libre
O dúo musical galego, convidado a un festival de cantos polifónicos, rematou o seu concerto no exterior do templo. Os restos impactaron no único asento que estaba baleiro. «O máis chamativo é que estabamos tocando temas sobre ritos moi espirituais», din as músicas 20 sep 2025 . Actualizado a las 13:19 h.
Paseniñamente, o dúo de folk galego Caamaño & Ameixeiras , fíxose un oco na escea musical. O acordeón de Sabela Caamaño, compenetrado coa voz e o violín de Antía Ameixeiras, xa produciu dous discos Aire! (2021) e Quitar o aire (2023). Acompañados estes traballos nos últimos anos dunha chea de actuacións e