A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue , visitou este xoves pola tarde o núcleo de Budián , en Pantón , para coñecer a situación das vivendas danadas polos lumes. Foron en total cinco inmobles, pero só unha das casas é vivenda habitual, as demais son segundas residencias.

Aproveitou a súa estancia nesta aldea para animar aos propietarios a solicitar as axudas autonómicas para rehabilitación de vivendas afectadas polos incendios. Lembrou, de feito, que a Xunta leva transferidos xa 1,4 millóns de euros en achegas para axudar aos propietarios de inmobles danados polas lapas.

Destacou que o Goberno galego xa concedeu 19 axudas, das que 17 se corresponden coa provincia de Ourense e 2 con Lugo. Sinalou que dende o 1 de setembro, data n

See Full Page