Sufriu o Deportivo para volver cun punto de Ipurúa tal e como anunciou que sucedería o seu técnico nas horas previas. Conseguiuno gracias o talento e acerto de Yeremay no primeiro tempo o converter un penalti de Marco Moreno a Stoichkov no minuto once.
O canario ademáis creou as mellores oportunidades coruñesas nun partido con dúas partes claramente diferenciadas. A primeira de control deportivista, que puido marchar o descanso cunha vantaxe máis ampla.
O outro gran artífice do empate foi Germán Parreño que sostivo o seu equipo nunha segunda metade de claro dominio vasco. Nove intervencións realizou o meta ilicitano nos segundos corenta e cinco minutos, nos que tamén resultou determinante a entrada de Adu Ares que mudou a faciana do seu equipo. De feito o bilbaíno logrou o tanto da igual