« A Galicia de Cunqueiro segue viva », afirma o director de Feirantes . Esta fin de semana, a sala Gurugú de A Coruña encherase das lembranzas e do humor de Feirantes . Dirixida e adaptada por Eduardo Alonso a partir dos relatos de Álvaro Cunqueiro en Os Outros Feirantes , a obra ofrece unha viaxe pola Galicia rural , onde o cotián se mestura co imaxinario. Estrearase o sábado ás 20.00 horas , cunha segunda función o domingo ás 19.00 .
No centro da historia está unha vaca, protagonista e narradora da súa propia vida, que lembra feiras, mercados e personaxes singulares mentres agarda o seu destino nun matadoiro. «A vaca simboliza Galicia , a nosa forma de ser e de ver o mundo. É un fío que une todas as historias e conecta o público coa esencia da nosa cultura rural»,