GLOBAL SUMUD FLOTILLA | REUTERS
04 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Iso de ser valente sempre me pareceu unha boutade testosterónica propia de pelis da era Reagan. Quizais sexa culpa da miña malhumorada infancia, cando me enervaba esa manía de confundir a valentía coa flegma británica ante as nosas pupas sanguinolentas, en plan Pitufo Fortachón. Non me estraña que a xeración Z, tan práctica ela, se apease dese tren. Ben por eles, que demostraron que chorar tamén é sinónimo de sentido común.
Houbo un último intento de facernos crer que aínda era sinónimo da valentía ser un descerebrado que marcha pegar tiros nunha guerra que non é súa. Quizais o lembren: reportaxes aquí e acolá de señores sen oficio que marchaban pegar tiros á Ucraína da que desertaban os seus soldados; esmor