Israel e Hamas chegaron a un acordo sobre a primeira fase do plan de paz para Gaza . Foi o presidente norteamericano, Donald Trump, quen o anunciaba na rede social Truth e confirmábano logo as dúas partes e os mediadores reunidos en Qatar. O acordo , que se firmará este xoves en Exipto, contempla a liberación dos 48 reféns israelís, probablemente xa este luns segundo Trump , a cambio da excarceración duns 2.000 presos palestinos . A primeira fase tamén inclúe a retirada das tropas israelís da Franxa ata a liña pactada cos Estados Unidos e a entrada de axuda humanitaria.
"Un gran día para Israel"
A primeira reacción do primeiro ministro de Israel, Benjamín Netanyahu, foi concisa: "Coa axuda de Dios, traerémolos a todos a casa", dixo en referencia aos 48 reféns israelís que aínda