O Río Breogán estreou a súa conta de vitorias logo dun asutado triunfo na difícil cancha do Zaragoza. O equipo lucense pedeceu na primeira metade, na que chegou a perder por 11, pero foi superior logo do descanso.

O base Russell, con 16 puntos, liderou o equipo, que contou coas interesantes achegas de Francis Alonso, con 12, e de Andric, que logrou outros 12 grazas a 4 triplas.

No ecuador do último cuarto, o Breogán tomou unha vantaxe de 10 puntos pero, grazas ao acerto de Yusta, o Zaragoza tivo a opción de igualar o partido. O acerto nos tiros libres decisivos aseguropu o primeiro triunfo da temporada.

See Full Page