Galicia non se atopa nas actuais previsións de vacinación fronte ao virus da dermatose nodular contaxiosa ao priorizar os expertos da Comisión Europea que se actúe nas zonas máis próximas aos focos existentes en Cataluña, polo que a área de influencia onde inoculizar pasa por esa comunidade e comarcas limítrofes de Aragón.

Así o explicou o director xeral de Sanidade da Produción Agroalimentaria, Emilio García Muro, nun encontro telemático coa prensa na tarde deste martes.

Sinala que a Comisión Europa decretou que a vacinación contra este virus debe realizarse como unha "mancha de aceite" que se vai estendendo por proximidade para ser efectiva, "non manchas de leopardo". "Ten que haber unha continuidade na vacinación", agrega.

A dermatose nodular contaxiosa é unha enfermidade viral do g

See Full Page