Queda mancado o Deportivo Abanca tras a derrota fronte ao Eibar nun partido que os dous equipos afrontaban igualados, con 7 puntos, e co obxectivo de marcar diferenza co descenso.

O primeiro tempo resultou ser un intercambio de golpes febles. Só un inquedou ás gardametas. Levou a sinatura de Olaya Enrique que, desde lonxe, case sorprende á meta armeira.

O decisivo do encontro chegou á volta dos vestiarios, cando Ainhoa Marín tivo a ocasión, e vaia ocasión, de adiantar ao Deportivo. Non atinou a dianteira catalana. E case de inmediato si que o fixo o Eibar. Marcou Sara Martín gañando a partida á súa defensora e sorprendendo a Inés Pereira. Só se gastaran tres minutos dun vibrante reinicio de partido.

Acusou o golpa anímico o equipo coruñés, que non foi capaz de xerar ocasións de sufienc

See Full Page