Gran vitoria do Celta en Zagreb que deixa encarrilado o pase á seguinte rolda da competición. Os vigueses tiraron de orde e eficacia para derrotar a un Dínamo que foi superado polos vigueses en todo momento,grazas a inspiración do incombustible Iago Aspas que nunha posición máis centrada do habitual liderou todas as accións ofensivas do equipo.

O partido comezou de forma inmellorable para o Celta. A presión alta dos vigueses tivo efecto e Pablo Durán aproveitou unha asistencia de Iago Aspas para bater cun disparo desde a frontal ao meta croata. O Celta atopábase cómodo no campo e chegaría o segundo despois dunha gran xogada de Bryan Zaragoza en banda esquerda. O centro chut do andaluz tocou nun defensa e entrou de novo na portería dos de Zagreb. Reaccionaría o Dínamo que tería unha boa op

See Full Page