O Ourense Club de Fútbol proclamouse campión da Copa Federación tras gañarlle ao Orihuela no Couto na gran final por tres a cero.
Amín foi o autor dos tres goles do equipo ourensán. O primeiro no minuto trece, logo dunha mala saída do gardameta visitante. Os outros dous chegarían nunha recta final na que os galegos acabaron coa resistencia do seu rival. O dous a cero foi todo un golazo. Gran disparo desde lonxe dun Amín que completaría o seu hattrick logo dun rexeitamenrto no lanzamento dun penalti.
O Orihuela foi un digno rival, pero non puído cun equiipo de categoría superior. Consegue así o Ourense Club de Fútbol o seu primeiro título oficial e máis de noventa mil euros.

G24