Oxoves fixo o último Land Rober «á vella usanza». Que sinte pechando esta etapa?

O sentimento que máis queda é o da responsabilidade. Tamén de emoción e agradecemento, pero a responsabilidade é a de entrar na casa dos galegos catro días á semana durante unha hora e tentar que se divirtan, que se rían e se esquezan de problemas. Para os que facemos comedia é unha responsabilidade, e hai que convivir con ela e gozar. Estás todos os días intentando facelo o mellor posible, pero tes que desfrutar, se non, non merece a pena.

Que sentiu cando soubo que a TVG quería apostar por vostede para facer fronte a espazos como La revuelta ou El hormiguero?

Moi agradecido, tanto á TVG coma aos espectadores, os verdadeiros protagonistas. Para min é como un premio, é un programa que leva 16 anos en pantal

See Full Page