España cumriu co seu obxectivo e acadou unha goleada na penúltima xornada de clasificación para o Mundial. Logo do 0-4 en Tiblisi, so unha vitoria de Turquía por sete goles na última xornada na Cartuja impediría o pase aos de Luis de la Fuente.

O partido quedou xa sentenciado no descanso, logo dunha saída en tromba dos españois, que resolveron o envite cun 0-3. Volveu acudir Oyarzábal á súa cita co gol, para abrir a conta no minuto 11 de penalti.

Mediado o primeiro tempo, Zubimendi ampliaba a conta, e Ferrán subía o terceiro ao marcador no 34.

Outra vez Oyarzábal, cunha axustada cabezada que bateu no poste, establecía o 0-4 definitivo na segunda metade.

O partido deixou tamén unha nova internacionalidade para Borja Iglesias. O céltico entrou no partido no minuto 70, e gozou de dúas boa

See Full Page