No disponible

19 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Dicía Ernest Hemingway que vivimos esta vida coma se levásemos outra na maleta. Non é difícil sentirse identificado con esta idea: cargamos con expectativas, medos, plans non cumpridos, recordos ou culpas que nos impiden vivir de maneira plena. Pospoñemos a ledicia e o goce da vida porque cremos que teremos tempo ilimitado, ou unha segunda oportunidade no futuro. E a verdade é que o presente se nos escapa das mans: é po fino de bolboreta.

Cando o alto mando nazi Hermann Göring entrou en prisión, tamén chegou cargado cunha maleta. Conta Benjamin Labaut no seu libro Un temblor terrible (Anagrama), que, entre outras cousas, levaba esmalte de cor vermella rabioso, co que se pintaba as uñas dos pés e das mans para disfrazarse de N

See Full Page