Oministro de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños , manifestou que a discrepancia coa sentenza condenatoria ao fiscal xeral do Estado Álvaro García Ortiz "non pode implicar desconfianza xeneralizada nas institucións e particularmente na xustiza".

Nunha declaración institucional desde o complexo da Moncloa, Bolaños expuxo que o Goberno "ten o deber legal de respectar o fallo, pero tamén o deber moral de dicir publicamente" que non o comparte.

Así, trasladou o seu recoñecemento ao labor de García Ortiz como fiscal xeral do Estado "e ao seu compromiso en defensa do servizo público, da lei e da verdade".

PP: "Non revelará máis datos confidenciais"

"O fiscal xeral non revelará máis datos confidenciais durante os próximos dous anos" . Así se manifestou o Partido P

See Full Page