O Ministerio de Traballo decidiu pechar a mesa de diálogo social para a reforma da lei de prevención de riscos laborais co obxectivo de continuar negociando só cos sindicatos ante a actitude da patronal, á que acusan de querer bloquear e dilatar o cambio.
Do mesmo xeito que o Goberno, os sindicatos lamentaron o comportamento da CEOE que, pola súa parte, acusou Traballo de levantarse da mesa impedindo "unha negociación real" e reclamou diálogo e evitar a imposición de medidas.
Segundo explicou o secretario de Estado de Traballo, Joaquín Pérez Rey, tras a reunión deste mércores, despois de 20 meses de traballo, as patronais CEOE e Cepyme decidiron que "agora era o momento de empezar negociar".
"A patronal española hoxe o que nos quixo dicir é que quere seguir negociando ata ver se cae o

G24