A Consellería de Sanidade e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) inician este venres o ensaio denominado Sincigal, para comprobar a eficacia da vacina fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS), e convidará 900.000 maiores de 60 anos a participar no estudo.

Deste xeito, ofrecerase os galegos a partir desas idade a oportunidade de vacinarse con Abrysvo, unha medicación xa aprobada polas autoridades sanitarias para a prevención deste virus, e preténdense verificar na práctica a redución de ingresos hospitalarios entre a poboación.

Como explicou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño , en declaracións aos medios antes de participar nun acto en Vigo, os pacientes non terán que facer "nada". Simplemente, cando se vaian a poñer a vacina da gripe ou do

See Full Page