O Deportivo volve á Copa, o torneo que lle serviu de bálsamo na anterior rolda. A partir da vitoria ante o Sámano, o equipo de Antonio Hidalgo recuperou a forza e as formas.

O técnico dos herculinos recoñece que "a Copa sempre é estimulante, é unha competición moi bonita. Evidentemente sabemos cal é a nosa prioridade, que é a Liga".

O rival nesta rolda será o Sabadell, que é terceiro no grupo 2 de Primeira Federación. No que vai de Liga só perdeu un encontro, e como apunta o adestrador branquiazul: "O outro día perderon o seu primeiro partido, non recibiron gol na casa, son un equipo ben traballado, moi sólido".

O partido será especial para Antonio Hidalgo. O Sabadell faralle unha homenaxe na previa. "Son abonado, son socio do club, podedes imaxinar o que iso significa. Pasei moitísimo

See Full Page