Primeira xornada de folga do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña. Os traballadores do sector convocaron ademais novos paróns para os días 12, 15 e 19 deste mes. Chegan a esta decisión despois da paralización das negociacións dun novo convenio colectivo. Reclaman unhas condicións laborais dignas, a actualización dos soldos e a renovación da frota. Esta folga afectará tanto ao transporte escolar como ao desprazamento de milleiros de usuarios.

A primeira hora desta mañá foron moitos os que se atoparon con problemas á hora de coller un autobùs interurbano na provincia da Coruña. Non saíu niingún dende a estación e os que o intentaron non puideron porque non llelo permitiron os traballadores que estaban tanto na entrada como na saída. Só poden saír as liñas que fan longo percorrido.

See Full Page