As varices son un estadio dunha da doenza que se chama insuficiencia venosa crónica. Se a bomba muscular da perna e as válvulas das veas non funcionan ben, a circulación de retorno estáncase os vasos dilátanse facéndose tortuosos.

"Moita xente pregunta por que ten varices. Pois os principais factores de risco son herdanza e idade e non se poden modificar. As varices non se poden evitar, pero axuda a controlalas evitar o sedentarismo, e non estar de pé moito tempo. Facer descansos e tamén unha dieta saudable", explica Luís Franco, cirurxián vascular do HULA .

Desmenten mitos como que teñan algo que ver con cruzar as pernas moito ou con levar tacóns. Mesmo o tabaco, que é moi nocivo para a circulación arterial, non actúa -no caso das varices- como desencadeante. Tamén negan os vasculares

See Full Page