Polo menos 600 persoas morreron e unhas 2.000 quedaron feridas despois de que un forte terremoto de magnitude 6,0 e varias réplicas sacudisen na noite do domingo o leste de Afganistán, informaron este luns fontes oficiais.
"Nos distritos de Nurgal, Sawkay, Watapur, Dara Pech e Chapi Dara, aproximadamente 600 persoas morreron, unhas 2.000 quedaron feridas e centos de vivendas foron destruídas", declarou a EFE Ihsanullah Ihsan, director de Información e Cultura en Kunar, unha das provincias afectadas.
O Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos (USGS) situou o epicentro do sismo principal, de magnitude 6,0, a 27 quilómetros ao leste da provincia de Nangarhar e a unha profundidade de oito quilómetros, o cal adoita amplificar o poder de destrución.
Ao tremor inicial, rexistrado ás 23:47 do domin