Oministro de Transportes, Óscar Puente, afirmou este luns sobre as incidencias e atrasos no sistema ferroviario español que este atravesa unha "tormenta perfecta" en canto ao material rodante.
Nunha entrevista en RNE lamentou que "o foco está posto nos trens" e explicou que os trens novos "dan fallos de mocidade" e os máis antigos "están nos seus últimos anos de vida". A isto haille que sumar, afirma, o crecente número de usuarios e de trens en circulación pola rede.
" España vai camiño dos 50 millóns de usuarios ao ano" e, se para un tren, outros dez que veñen por detrás "teñen pouca marxe de tempo" para reaccionar.
Sobre o número de incidencias no tráfico ferroviario, o ministro puxo de relevo a gran cantidade de obras que se executan na rede. Explicou que Adif "non corta o trá