Dous encapuchados asaltaron e golpearon a tres menores migrantes non acompañados nas inmediacións do centro de acollida de Hortaleza, na cidade de Madrid, tras a detención dun residente deste centro por unha violación a unha menor o pasado venres.
O delegado do Goberno en Madrid, Francisco Martín, informou en conferencia de prensa da agresión, ocorrida na noite deste domingo, e explicou que un dos agredidos tivo que ser atendido no hospital, aínda que xa foi dado de alta.
A Policía Nacional está a investigar os feitos sen que ata o momento detivese ningún dos autores.
O delegado do Goberno aproveitou para alertar do perigo que supón "criminalizar colectivos vulnerables" porque cre que os "discursos de odio terminan expresándose en delitos de odio como o de onte á noite" aos menores do c