Xa están operativas as 16 oficinas itinerantes da Xunta de atención aos afectados pola vaga de incendios. Estes poderán acudir ás oficinas para axilizar e resolver dúbidas sobre a tramitación das axudas.

Este paquete de medidas entrou en vigor o luns 1 de setembro. Os trámites deberán facerse vía telemática, pero xa está todo en funcionamento para que quen queira poida achegarse ata as oficinas para pedir información ou solicitar axuda.

"Aquí estamos para informar a quen necesite. Dámoslles as explicacións necesarias para a tramitación, contías e o que recolle toda a orde das axudas", afirma Alejandro Martín Rois, axente territorial Distrito III.

Dentro deste paquete destacan, entre outras, as axudas para a reconstrución das vivendas que sufriran danos a causa dos incendios: ata 139.000

See Full Page