No porto de Ribeira continúan os labores de extinción do incendio que se declaraba este luns no barco arrastreiro Awadi, de 50 metros de eslora , de bandeira mauritana e propiedade dun armador de Compostela.

O lume puido comezar durante uns traballos de mantemento e soldadura, probablemente por unha faisca. Na zona segue traballando un amplo dispositivo do que forman parte os bombeiros de Ribeira e de Boiro e embarcacións de Salvamento Marítimo.

Os traballos están a ser complicados, xa que o lume, que comezou na zona das adegas, propagouse con moita rapidez por toda a embarcación. Por fortuna non houbo feridos.

Agora o que preocupa é evitar o posible impacto ambiental deste incendio, no caso de que materiais do barco chegasen a auga. Tamén hai temor a que poida afundir por mor da gran

See Full Page