Os afectados pola vaga de incendios comezarán a recibir os cartos das axudas en pouco máis dun mes . Dende a Xunta recalcan que o obxectivo é reducir os trámites o máximo posible para que os pagos se fagan de xeito anticipado.

Cincuenta alcaldes e alcaldesas dos concellos afectados tiveron este martes a oportunidade de trasladar as súas dúbidas sobre as axudas, tanto para os veciños como para os propios concellos, nunha reunión con representantes do Goberno da Xunta na que participou tamén o presidente Alfonso Rueda.

"A maior parte delas van ser pago por anticipado e despois faise a xustificación, co cal, loxicamente, é unha axuda importante para todos os beneficiarios. Ese é o noso compromiso, reducir a burocracia", conta Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Ao

See Full Page