Mario Soriano pasouse hoxe pola sala de prensa de Abegondo nunha semana atípica, curta, onde o Dépor, tras xogar o luns en Leganés, recibirá a un invicto Spórting o sábado .
"Estamos con ganas. É unha semana curta ao xogar luns e sábado pero así chega antes o partido" explicou.
Será o cuarto encontro dunha campaña que quere gozar ao máximo.
"Fíxose un equipo moi bo e competitivo. Hai variantes para cada partido e haberá competitividade sa durante a semana. Reforzámonos moi ben para unha tempada longa. Necesitaremos a todos"
Soriano cre que o Dépor chega en bo momento tras conseguir empatar ante o Leganés.
"Despois de como empezamos e encaixar o segundo gol, a segunda parte o equipo deu moi boa cara, viuse que queriamos ir polo partido e se hai uns minutos máis podiamos traer os t