Dúas persoas morreron e outra queou ferida na tarde deste sábado nun tiroteo rexistrado nun bar da urbanización Os Netos do municipio de Carmona, en Sevilla.

Segundo informou o Servizo de Emerxencias 112 de Andalucía, ao redor das 16:45 horas recibiron varios avisos por un tiroteo na rúa Azahar da urbanización.

As testemuñas indicaban que unha persoa "sacara un rifle e disparara contra un bar" e que había dúas ou tres persoas no chan.

Desde o 112 deuse aviso a Emerxencias Sanitarias 061 e á Garda Civil, que iniciou unha investigación para esclarecer o sucedido.

Como consecuencia do tiroteo, dúas persoas morreron e polo menos outra quedou ferida, sen que polo momento se coñezan as súas identidades, informa a axencia EFE.

Segundo testemuños dos veciños recolleitos por EFE, foron dúas a

See Full Page