Opresidente do Goberno Pedro Sánchez comparecerá este luns no Palacio da Moncloa para anunciar unha serie de medidas contra Israel ante o xenocidio en Gaza. Moncloa informou que a comparecencia do xefe do Executivo se producirá a partir das 09:00 horas.
Os socios de coalición, PSOE e Sumar, levan días negociando unha serie de medidas contra Israel coa intención de aprobalas na reunión do Consello de Ministros deste martes.
O pasado xoves Sumar propuxo declarar persoa non grata o primeiro ministro israelí Benjamin Netanyahu e aprobar de forma inmediata a lei de embargo de armas.
As medidas serán concretadas este luns por Pedro Sánchez na súa comparecencia en Moncloa.