O Celta retoma o traballo para preparar o partido contra o Xirona. Un encontro en que se podería recuperar a Starfeldt que evoluciona moi ben, hoxe fixo un adestramento parcial e podería ser a gran novidade ante o Xirona.

O equipo catalán está en caída libre : último da táboa de primeira, dez goles encaixados en tres xornadas e moi malas sensacións. A parada de seleccións tamén marcou a vida no vestiario do Xirona xa que seis dos seus xogadores foron convocados.

See Full Page