Inditex rexistrou un beneficio neto de 2.791 millóns de euros durante o primeiro semestre do seu exercicio fiscal 2025-2026 (entre o 1 de febreiro e o 31 de xullo), o cal supón un incremento do 0,8 % respecto a un ano antes , segundo informou este mércores o grupo.

A s vendas, pola súa banda, creceron un 1,6 % con respecto ao primeiro semestre de 2024 e alcanzaron 18.357 millóns de euros, cunha evolución satisfactoria tanto en tenda como en liña. As vendas a tipo de cambio constante creceron un 5,1 %.

"Logramos un sólido rendemento neste primeiro semestre do exercicio 2025, con vendas satisfactorias nunha contorna de mercado complexa e mantendo sólidos niveis de rendibilidade. A eficiente execución dos nosos equipos demostra a solidez do modelo de negocio de Inditex", subliñou o co

See Full Page