O Consello de Administración de Banco Sabadell rexeitou, con tan so unha abstención, a OPA do BBVA. Considera que o prezo non recolle adecuadamente o valor intrínseco das accións de Sabadell e infravalora moi significativamente o proxecto da entidade catalá e as súas perspectivas de xeración de rendementos para o accionista en solitario.

Considera que a contraprestación ofrecida (dunha acción de BBVA e un pago en efectivo de 0,70 euros por 5,5483 accións Sabadell) é insuficiente, está lonxe do valor fundamental de Banco Sabadell e carece dunha prima de control sobre o dito valor.

Recalca que a contraprestación actual é "máis desfavorable que a ofrecida por BBVA na súa proposta unilateral de fusión do 30 de abril de 2024" , e que xa rexeitou o consello de Banco Sabadell.

N

See Full Page