A Audiencia Nacional condenou a 10 anos de cárcere e 70 millóns de euros de multa os nove integrantes dunha organización criminal dedicada ao narcotráfico que introduciu máis de 1,6 toneladas de cocaína a través dos portos de Marín e de Valencia, entre novembro de 2019 e maio de 2020.
A Sección Cuarta da Sala Penal condena os acusados, na súa maioría neerlandeses , por un delito contra a saúde pública, en relación con substancia que causa grave dano (cocaína), en cantidade de notoria importancia, no seo dunha organización criminal e desenvolvendo condutas de extrema gravidade, mentres que absolve un décimo acusado por falta de probas incriminatorias.
Os maxistrados explican nos feitos probados da sentenza como en novembro de 2019 o Equipo contra o Crime Organizado da Garda Civi