O condutor dun quad que circulaba pola estrada de Freande, no concello de Sarreaus, faleceu a pasada noite ao envorcar o vehículo preto da zona da piscina, pouco antes das 23:00 horas.
O persoal médico do 061 que se trasladou ao lugar do accidente só puido certificar a súa morte. Outra persoa que viaxaba de acompañante quedou ferida e tivo que ser trasladada en ambulancia ao hospital de Ourense.
Segundo informa o 112 , no operativo tamén participaron axentes da Garda Civil de Tráfico, membros do GES de Laza e voluntariado do AVPC de Sarreaus.