Un neno de dous anos perdeu a vida a pasada noite na Coruña por mor dun accidente doméstico rexistrado nun domicilio da rúa Ángel Senra. O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 23:20 horas, tras a chamada dun veciño que alertaba de que o menor non reaccionaba.

A sala de operacións do 112 Galicia informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Policía Nacional, Autonómica e Local. Unha vez no lugar, os servizos de emerxencias confirmaron o falecemento do menor . A Policía investiga os feitos, aínda que todo indica que puido enredarse cos tiradores dun estor. Ademais, para ofrecer apoio especializado aos familiares, activouse o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

See Full Page