Oprimeiro derbi galego da temporada quedou en Lugo, caendo para o equipo que máis o precisaba despois dun choque con polémica. As primeiras aproximacións foron do Lugo, que obrigou con senllos remates a boas paradas de Parera no arco racinguista. Sostivo ao seu equipo o porteiro, e Zalaya volteaba o encontro nunha acción marca da casa, cun remate á saída dun córner. 0-1 a prol do Rácing, que plasmaba no marcador a diferenza clasificatoria entre os dous conxuntos.
A piques estivo de dar a réplica o conxunto local, tamén á saída dun córner. Pero a acción clave desta primeira metade chegaba no treito final. Unha entrada de Migue no centro do campo motivaba a reclamación de Yago Iglesias co cartón azul. Da longa revisión saíu a decisión do árbitro de expulsar ao racinguista, co que o seu equi