Oxuíz Juan Carlos Peinado propuxo que Begoña Gómez, muller do presidente do Goberno, sexa xulgada ante un xurado popular por un presunto delito de malversación no nomeamento da súa asesora en Moncloa, Cristina Álvarez, e citouna o vindeiro sábado pola tarde para concretar a súa imputación.
Nun auto, datado o martes e ao que tivo acceso EFE, o maxistrado acorda a transformación da peza separada na que investigaba este delito "en procedemento para o xuízo ante o tribunal do xurado" respecto a Begoña Gómez, á súa asesora Cristina Álvarez e tamén respecto ao delegado do Goberno en Madrid, Francisco Martín.
Aos tres cítaos este sábado ás 18:00 horas, como prevé a lei no caso dos procedementos con xurado , para "concretar a imputación" contra eles, segundo o auto, que pode ser recorrido.
A