O Celta chegou a Alemaña para volver disputar competición europea oito anos despois. O adestrador céltico Claudio Giráldez e o capitán Iago Aspas, único sobrevivente da última azaña europea, falaron en rolda de prensa antes do debut en Europa League contra o Stuttgart. Claudio lembrouse da familia.

"Lémbrome do meu pai, o meu tío, que non o poden ver, a miña nai, as miñas fillas... O importante é ter a sensación de gozar co que vén"

Os celestes volven a Europa con ilusión e fano acompañados de 1.200 almas que se desprazaron desde Vigo ata Alemaña de todas as formas posibles, algo que agradece Iago Aspas.

"A afección é moi importante para nós e máis, neste primeiro desprazamento europeo despois de tantas tempadas. Os xogadores notámolo no partido e no día a día. Queremos darlles esa

See Full Page