A orografía da Ribeira Sacra fai que a vendima adquira, diriamos sen moito esaxerar, aires épicos. Traballar entre empinados viñedos non é nada doado. A tecnoloxía podería botar unha man. Estanse facendo probas con drons para poder cargar as uvas das zonas de cultivo máis inaccesibles.

Este é un dos primeiros ensaios que se fai na Ribeira Sacra para comprobar a eficacia do uso desta tecnoloxía.

Antonio Lombardía, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, di que practicamente todo o traballo se realiza á man como dende hai séculos. "Pretendemos seguir traballando así pero incorporando as novas tecnoloxías. Estamos testando para ver se é útil para os viticultores da zona".

A proba de carga desenvolveuse con éxito. Iván Olmedo, da adega Finca Míllara, conside

See Full Page