Oprimeiro ministro israelí, Benjamun Netanyahu, afirmou este venres ante a Asemblea Xeral da ONU en Nova York que Israel "debe acabar o traballo" na Franxa de Gaza e quere facelo "canto antes".

"Os últimos elementos, os últimos remanentes de Hamas, atrinchéiranse na cidade de Gaza. Xuran repetir as atrocidades do 7 de outubro unha e outra vez", afirmou para xustificar a súa ofensiva.

O primeiro ministro israelí insistiu ante a Asemblea da ONU en que Israel non recoñecerá un Estado palestino. "É unha tolemia e non o faremos" , dixo e recalcou que non cometerá un "suicidio nacional" facéndoo.

"A miña posición contra un Estado palestino é a política do Estado e da poboación do Estado de Israel", explicou e engadiu que facelo sería "recompensar aos fanáticos que apoiaron" o 7 de outubro.

See Full Page