A secretaria xeral do PP afirma que é "incomprensible" que o executivo acordase recorrer ao Tribunal Constitucional ante dúas cuestións "tan beneficiosas para os galegos" como son a decisión da Xunta de potenciar os parques eólicos e a axilización no recoñecemento do grao de dependencia e discapacidade.
Na entrevista dos domingos da Radio Galega , Paula Prado explicou que dende que se aprobou a disposición autonómica que vincula o grao de dependencia e o de discapacidade, "duplicouse o número de persoas con este recoñecemento que xa están cobrando as axudas ou recibindo os servizos correspondentes". Por iso –apuntou– "non entendo que o Goberno queira paralizar este proceso, que é moito máis áxil e que eles mesmos copiaron".
O outro recurso, ao que se referiu a secretaria xe