Dous homes quedaron feridos, un deles de gravidade, nun accidente de tráfico ocorrido pasadas as seis da tarde deste domingo nunha rotonda da circunvalación SC-20 en Santiago.
Por razóns aínda sen determinar, o coche foise da vía, bateu contra un dos piares da ponte de San Lázaro e saíu despedido uns 200 metros.
Os bombeiros tiveron que excarcerar os dous ocupantes do vehículo, duns trinta anos. Despois, foron trasladados ao hospital Clínico, un deles en estado grave,
Ata o lugar desprazouse tamén o persoal do 061 e axentes da Policía Local.