Dolorosa a primeira derrota en Riazor para o Deportivo Abanca ante un rival que chegaba empatado a puntos, o Madrid Club de Fútbol.
O equipo coruñés sentiuse prexudicado por esta decisión arbitral, a de indicar penalti de Henar cando envía fóra o balón que conducía Anita Marcos. Tras as protestas e unha longa revisión, a árbitra ratificouse e así a brasileira Monica Hickmann puxo por diante o Madrid cando xa se lle engadiran 12 minutos ao primeiro tempo.
O Deportivo amosou unha gran mellora logo do descanso e conseguiu empatar cando Ainhoa María filtrou un soberbio pase que recolleu con mestría Paula Monteagudo. A canteirá, a xogadora viguesa, marcaba así o seu primeiro gol en Primeira División.
Nestes mellores momentos locais, Ainhoa Marín, que foi de novo a máis destacada, ofreceulle